I Memorial Pedro Luis Fernández Pombo 2023


 23 Novembro, 2023   Natación 

I Memorial Pedro Luis Fernández Pombo 2023

@s que formamos parte da Agrupación Deportiva Fogar non podemos esquecer a figura de Pedro Luis Fernández Pombo, directivo fundador e socio honorífico desta entidade desde o ano 2014. Pedro xa fora vogal da nosa agrupación deportiva na primeira xunta directiva constituída alá por outubro de 1988 e máis recentemente practicaba a natación como socio do clube e encargábase tamén da coordinación dos xuices de natación en Carballo como membro do comité galego de árbitros da FEGAN. Desde a xunta directiva actual e en nome de tod@s @s técnic@s, soci@s, deportistas, amigos e simpatizantes do nosa entidade, queremos render homenaxe a súa memoria coa posta en marcha desta primeira edición do seu trofeo de natación e natación máster coa firme intención de que sexa a primeira de moitas e un referente tanto a nivel autonómico como nacional. Xunto a esta nova podedes consultar as normativas de participación, esperámosvos logo os días 16 e o 17 de decembro na piscina municipal Carballo Calero onde como sempre seredes benvid@s.

ACCESO Á WEB DO MEMORIAL

RELACION DEFINITIVA ADMITID@S MEMORIAL MÁSTER
SERIES MEMORIAL MÁSTER

Sumario definitivo participantes máster (35 homes, 34 mulleres) 69 Nadadores-as.
Inscrición definitiva clubs máster (12 clubs)
RELACION DEFINITIVA ADMITID@S MEMORIAL NATACIÓN
SERIES MEMORIAL NATACIÓN

Sumario definitivo participantes natación (106 homes, 113 mulleres) 219 Nadadores-as
Inscrición definitiva clubs natación (16 clubs)

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.