
Para o desenvolvemento desta terceira edición do Memorial Pedro Luis Fernández Pombo contamos co apoio do Concello de Carballo, a Xunta de Galicia, a Deputación de A Coruña, a Federación Galega de Natación, e a colaboración de Cafés Lúa, Carpintería Gómez, Electricidad Rafael, Marfran, Neumáticos Rogelio, Savelo, Sector Vending e Vitaldent, ademáis da participación de 346 nadadores e nadadoras, 4 máis que o ano pasado, en representación de 24 equipos, 2 deles de fora da nosa comunidade autónoma.
RELACIÓN ADMITID@S Memorial PLFP Máster 2025 (definitivo)
14 clubs e 77 nadadores-as.
Series Máster
RELACIÓN ADMITID@S Memorial PLFP Natación 2025 (definitivo)
20 clubs e 269 nadadores-as.
Series Natación
@s que formamos parte da Agrupación Deportiva Fogar voltamos a render homenaxe a Pedro Luis Fernández Pombo, o que fora directivo fundador na primeira xunta directiva constituída alá polo mes de outubro de 1988, e socio honorífico da entidade desde o ano 2014. Máis recentemente Pedro practicaba a natación como socio do clube e encargábase da coordinación dos xuices de natación en Carballo como membro do comité galego de árbitros da FEGAN. Nesta terceira edición o trofeo de natación e natación máster que leva o seu nome disputaráse os días 13 e 14 de decembro de 2025 na piscina municipal Carballo Calero de Carballo. O período de inscrición ao trofeo permanecerá aberto ata as 23:59 horas do domingo día 30 de novembro na plataforma FEDERATIO. A lista provisional de participantes publicaráse o luns 1 de decembro e a partir desa data abriráse un período de recepción de baixas ata o domingo 7 de decembro. Mentres podédes consultar a normativa do memorial nos arquivos adxuntos a esta mesma nova.