@s nos@s acadan 8 podios no Dúatlon Cros das Letras en Baio


 18 Maio, 2022   Tríatlon 

@s nos@s acadan 8 podios no Dúatlon Cros das Letras en Baio

Onte martes día 17 de maio de 2022 disputábase na modalidade de cros, a terceira edición do Dúatlon das Letras de Baio; proba puntuable para o Circuíto Galego Mozo reservado ás categorías cadete, xuvenil é júnior masculina e feminina. No mesmo @s nos@s doce representantes callaban outra moi boa actuación facédonse con oito dos podios da carreira. Na categoría feminina, Alba Otero facíase coa victoria júnior mentres que Irea Alén subía ao terceiro caixón do podio cadete. Na masculina, Hugo Souto proclamábase o vencedor absoluto da proba acadando tamén o ouro cadete e acompañado no podio por Anxo Bello que se facía co bronce desta mesma categoría. Ao caixón dos mellores subían tamén Rubén Otero a pola prata xuvenil e Pedro López para recoller a prata júnior. No cómputo global das tres categorías tanto masculina coma feminina @s nos@s acadaron o primeiro posto por equipos. Resultados todos eles que podedes consultar no apartado descargas tríatlon desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.