Os xuvenís acadaron o título de Subcampións de España de Dúatlon


 25 Marzo, 2024   Tríatlon 

Os xuvenís acadaron o título de Subcampións de España de Dúatlon

A pasada fin de semana dez d@s nos@s triatletas tomaron parte no Campionato de España de Dúatlon Supersprint e Substitucións Mixtas Talento que se volveu a disputar na localidade madrileña de Alcobendas. Na mañán do sábado cinco d@s nos@s clasificaban para correr as finais da tarde, Irene Santomé na categoría cadete feminina e Adrián Sancho, Anxo Bello, Iago Prada e Michel Núñez na categoría xuvenil masculina. Nas finais, Irene Santomé non foi quen de rematar a proba, mentres que Iago Prada (8º), Michel Núñez (12º), Anxo Bello (18º) e Adrián Sancho (22º) acadaron a medalla de prata por equipos a menos dun minuto do primeiro clasificado o Diablillos de Rivas. Na categoría júnior masculina, Rubén Otero, Nuno Moure e David Murado non conseguiron pasar á final individual e foron 11º por equipos. O domingo na Substitución Mixta da categoría talento o noso equipo composto por Iago Prada, Inés Duarte, Adrián Sancho e Irene Santomé rematou 14º dos 50 equipos en liza, sumando así os primeiros puntos para a 1ª División Masculina da Liga Talento. Tamén o domingo pero en Quarteira, dous dos nosos tomaron parte nunha das probas da Copa de Europa Júnior de Tríatlon representando a Galicia, Hugo Souto que clasificou no posto 50º e Joel Barcia que non puido rematar logo de sufrir unha caída no segmento ciclista. Resultados que podédes atopar no apartado de descargas tríatlon desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.