Os nosos cadetes Subcampións de España de Dúatlon por equipos


 26 Abril, 2022   Tríatlon 

Os nosos cadetes Subcampións de España de Dúatlon por equipos

A pasada fin de semana trece d@s nos@s triatletas tomaban parte no Campionato de España de Dúatlon que se desputaba na localidade asturiana de Avilés e no que tomaban parte máis de 1.700 deportistas. Tras case dez horas de retraso sobre o horario previsto por mor do temporal, os de Carballo e Oleiros volvemos a brillar entre os mellores do panorama nacional. Os nosos cadetes con Hugo Souto 5º, Anxo Bello 7º e Oscar Alberte 32º proclamáronse Subcampións de España por equipos, categoría na que a nosa única representante feminina Irea Alén remataba nunha meritoria 10ª praza individual. Os nosos xuvenís con Rubén Otero 64º, Xabier Guitián 72º e Álvaro Díaz 151º foron 21º; mentres que os nosos júniors con Pedro López 30º, Álvaro Elizalde 41º e David Sancho 61º remataron nunha moi boa 6ª praza a pesar da ausencia de Andrés Prieto que se atopa a preparar a proba da Copa de Europa Júnior de Caorle, na que tomará parte co combinado nacional o vindeiro 13 de maio. RESULTADOS FETRI

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.