O Concello de Oleiros subvenciona á AD.Fogar con 4.935,86 euros


 05 Decembro, 2023   Tríatlon 

O Concello de Oleiros subvenciona á AD.Fogar con 4.935,86 euros

O Concello de Oleiros por acordo da Xunta de Goberno Local ven de conceder á Agrupación Deportiva Fogar da Xuventude e a súa Sección en Oleiros, unha subvención por valor de 4.935,86 euros, 444,25 euros menos que no ano 2022; destinados á práctica deportiva federada do tríatlon dentro do marco da promoción e a difusión da cultura e o deporte neste Concello para o ano 2023. O obxecto da mesma e o de impulsar as actividades deportivas xuvenís e potenciar as categorías inferiores ou de base atendendo a organización de actividades deportivas e a participación de equipos ou deportistas nas competicións federadas de carácter oficial. A concesión desta subvención fixose en réxime de concorrencia competitiva baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia e igualdade. Desde a Agrupación Deportiva Fogar presentamos un orzamento de gastos de 60.000,00€ e solicitamos unha axuda por valor de 7.000,00€. O Concello de Oleiros repartíu unha contía total de 92.785,25€ entre as entidades deportivas sen ánimo de lucro da súa contorna. O prazo de xustificación finalizará o día 28 de febreiro de 2024.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.