Hugo Souto novo Subcampión de España cadete de Tríatlon Cros


 20 Xullo, 2022   Tríatlon 

Hugo Souto novo Subcampión de España cadete de Tríatlon Cros

A pasada fin de semana tres d@s nos@s triatletas cadetes tomaban parte nos Campionatos de España de Ácuatlon, Tríatlon Cros e Dúatlon Cros que se desputaban na localidade soriana de Almazán; lugar onde @s de Carballo e Oleiros volvemos brillar entre @s mellores especialistas do panorama nacional. O sábado, Irea Alén acadaba unha moi meritoria 6ª praza na proba de Ácuatlon a un só minuto da gañadora, mentres que Hugo Souto callaba unha sólida carreira na proba de Tríatlon Cros proclamándose Subcampión de España da categoría cadete tamén a un só minuto do vencedor. Xa o domingo na proba de Dúatlon Cros, Anxo Bello asinaba unha destacada 7ª praza a dous minutos da cabeza de carreira, Hugo Souto remataba 11º e Irea Alén víase obrigada a abandonar no segmento ciclista por culpa dunha avería mecánica logo de liderar o primeiro segmento de carreira a pé. Podedes atopar os resultados d@s nos@s no apartado de descargas tríatlon desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.