Gran actuación dos nosos rapaces no Nacional de Alcobendas


 11 Abril, 2022   Tríatlon 

Gran actuación dos nosos rapaces no Nacional de Alcobendas

A pasada fin de semana os triatletas de Carballo e Oleiros callaban unha máis que destacada actuación en Alcobendas con motivo da disputa do Campionato de España de Dúatlon Contrarreloxo e Substitucións por equipos; segunda das citas da Liga Talento para as categorías cadete e xuvenil na que os nosos están a militar na Primeira División Nacional Masculina entre os 15 mellores equipos de España. Compre recordar que o ano pasado acadamos o ascenso logo de facernos co títalo de segunda división. Na contrarreloxo por equipos do sábado, A. Bello, H. Souto, R. Otero, X. Guitián, J. Barcia e M. Souto foron 7º de 44 equipos e clasificaron na 5ª praza da primeira división nacional cun tempo de 22 minutos e 30 segundos. O domingo na proba de substitucións o noso primeiro equipo volveu ser 7º de 28 con A. Bello (21'32''), X. Guitián (23'07'') e H. Souto (22'15'') rematando como os 6º mellores da primeira división cun tempo total de 1h 06'55''. O noso equipo B que tomou parte na competición open con J. Barcia (22'36''), M. Souto (24'01'') e R. Otero (23'07'') foi 12º de 73 cun tempo total de 1h 09'45''. Todos estes resultados podédelos atopar no apartado descargas tríatlon de esta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.