Bronce para os nosos no Nacional de Tríatlon Contrarreloxo


 29 Xuño, 2023   Tríatlon 

Bronce para os nosos no Nacional de Tríatlon Contrarreloxo

A pasada fin de semana Adrián Sancho, Hugo Souto, Joel Barcia, Manuel Souto, Michel Núñez e Oscar Alberte tomaban parte na localidade de Roquetas de Mar no Campionato de España de Tríatlon Contrarreloxo e Substitucións da categoría Talento (cadetes e xuvenís); probas puntuables para a Liga Talento de Tríatlon na que estamos a militar na 1ª División Nacional Masculina. Na matinal do sábado os nosos callaban unha destacada actuación na Contrarreloxo por Equipos subindo ao terceiro chanzo do podio. O domingo a mediodía Hugo Souto, Oscar Alberte e Adrián Sancho corrían o Campionato de España de Tríatlon por Substitucións acadando a décima posición. Con estes resultados os de Carballo e Oleiros rematamos 9º da 1ª División Nacional da Liga Talento na que tomaron parte un total de 25 equipos. Resultados que podedes atopar no apartado descargas tríatlon desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.