Bronce júnior de Marta González Rivas no Tríatlon de Pontevedra


 26 Xullo, 2022   Tríatlon 

Bronce júnior de Marta González Rivas no Tríatlon de Pontevedra

O pasado domingo sete d@s nos@s triatletas, Alba Otero e Marta González na categoría júnior feminina, Alberto Tomé na sub23 masculina, Álvaro Elizalde e David Sancho na júnior masculina e Rubén Otero e máis Xabier Guitián na xuvenil masculina,  participaban na cidade do Lérez no XXI Tríatlon Cidade de Pontevedra; proba puntuable para o Circuíto Galego de Tríatlon Sprint e clasificatoria para o Campionato Galego desta modalidade. Na categoría absoluta os mellores foron desta volta Marta González, 23ª feminina e Alberto Tomé, 28º masculino. Na categoría de grupos de idade, Marta González acadaba a medalla de bronce júnior, Rubén Otero remataba 6º xuvenil, Alberto Tomé era 11º sub23 e Álvaro Elizalde 12º júnior. Peor sorte correron Alba Otero que foi descualificada e David Sancho e Xabier Guitián que non poideron rematar a proba. Os resultados deste XXI Tríatlon Cidade de Pontevedra están dispoñibles no apartado de descargas tríatlon desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.