Bo concurso d@s nos@s triatletas en Oleiros, Caorle e A Pobra


 15 Maio, 2023   Tríatlon 

Bo concurso d@s nos@s triatletas en Oleiros, Caorle e A Pobra

O pasado sábado día 6 de maio celebrábase en Mera o XXXIII Tríatlon do Concello de Oleiros, proba de carácter popular na que os da AD. Fogar de Carballo e Oleiros estivemos representados por tres d@s nos@s triatletas, dous dos cales subían ao caixón dos premiados; Alexandre Rodríguez como 2º clasificado da categoría veteranos 1 e Pedro López como 3º clasificado da categoría júnior. Por outra banda este sábado día 13 de maio, Andrés Prieto desputaba en Caorle outra das probas da Copa de Europa de Tríatlon sobre distancia sprint na que remataba na 21ª praza da categoría elite. Andrés completaba a proba nun tempo de 51m51s como 2º mellor español na liña de meta e sendo o deportista máis novo en compretar o percorrido. E xa para rematar compre informar tamén da participación doutr@s 7 d@s nos@s o domingo no Tríatlon da Pobra, proba do Circuíto Galego onde Alexandre Rodríguez (Cat-Vet1), Rubén Otero (Cat-Jun) e Adrián Sancho (Cat-Xuv) remataban 4º mentres que Alba Otero (Cat-Sub23) era 7ª. Os resultados destas probas podédelos atopar no apartado de descargas tríatlon desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.