Bo concurso d@s nos@s triatletas en Ferrol, Almazán e Hamburgo


 17 Xullo, 2023   Tríatlon 

Bo concurso d@s nos@s triatletas en Ferrol, Almazán e Hamburgo

O pasado sábado día 15 de xullo celebrábase en Ferrol o Campionato Galego de Menores e Supersprint, probas na que os da AD. Fogar de Carballo e Oleiros estivemos representados por 22 d@s nos@s triatletas, dous dos cales subían ao caixón dos premiados; Inés Duarte como subcampioa galega cadete e Joel Barcia como 3º clasificado desta mesma categoría. Compre destacar tamén os concursos de Oscar Alberte como 4º clasificado cadete, Adrián Sancho e Hugo Souto como 4º e 5º clasificados xuvenís, Rubén Otero como 6º júnior, Tadeo Suárez e Carla Vicente como 5º e 8ª da categoría benxamín e Irene Santomé e Manuel López como 6ª e 7º da categoría Infantil. Na conxunta por equipos os da AD.Fogar fomos 4º no Galego de Menores e 4º no Galego Supersprint. Por outra banda o mesmo sábado, Anxo Bello e Michel Núñez tomaban parte no Nacional de Dúatlon Cros de Almazán onde Anxo Bello remataba 8º xuvenil e Michel Núñez era 10º cadete. E xa para rematar compre informar tamén da participación de Andrés Prieto en Hamburgo con motivo do Mundial de Tríatlon Sub23 de Substitucións Mixtas sobre distancia supersprint, no que saía en primeira posta do combinado nacional que remataba na 10ª praza. Os resultados destas probas podédelos atopar no apartado de descargas tríatlon desta mesma web. A vindeira cita dos nosos será os días 21 e 22 de xullo en Banyoles, onde Hugo Souto tomará parte co equipo nacional no Europeo Youth e o noso equipo absoluto masculino competirá no Nacional de Tríatlon de Clubs na 3ª División. 

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.