Andrés Prieto gañou en Narón o último dos clasificatorios Sprint


 06 Agosto, 2023   Tríatlon 

Andrés Prieto gañou en Narón o último dos clasificatorios Sprint

A localidade de Narón acolleu o pasado sábado a segunda e última cita clasificatoria para o Campionato de España de Tríatlon Distancia Sprint que se disputará en Aguilás no mes de setembro. Uns 150 triatletas tomaron parte nas probas clasificatorias da categoría elite que arrincaron ás 19:50 horas no caso dos homes e ás 20 horas no das mulleres. O noso representante Andrés Prieto, gañou a proba masculina con autoridade nun tempo de 57' e 15'' logo de saír primeiro da auga e de chegar tamén diante no segmento ciclista que fixo fugado con Carlos Oliver. No último segmento o de Oleiros foi quen de correr máis que o o balear Oliver do Peñota Dental Alusigma que acabou segundo por diante de Iván Puentes do Tríatlon Ferrol que foi terceiro. Na proba popular o noso representante, Alexandre Rodríguez rematou terceiro na categoría de veteranos. Ademáis do clasificatorio celebrouse o venres un ácuatlon promocional de menores no que tomaron parte Abel Antelo (9º alevín), Diego Souto (6º infantil), Ethan Rodríguez (14º alevín), Juan Giráldez (15º infantil), Leo Mafal (16º alevín) e Martina Santomé (9ª alevín). Resultados que podedes atopar no apartado descargas tríatlon desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.