6 dos nosos acoden ao Nacional de Tríatlon CRE e Remuda Talento


 22 Xuño, 2023   Tríatlon 

6 dos nosos acoden ao Nacional de Tríatlon CRE e Remuda Talento

Adrián Sancho, Hugo Souto, Joel Barcia, Manuel Souto, Michel Núñez e Oscar Alberte viaxan hoxe a Roquetas de Mar, localidade onde esta fin de semana competirán no Campionato de España de Tríatlon CRE e a Substitución Masculina dentro da Liga Talento de Tríatlon na que estamos a militar na 1ª División Nacional Masculina. Na matinal do sábado os nosos tomarán parte na Contrarreloxo por Equipos sobre un percorrido de 300 metros de natación, 6,6 quilómetros de ciclismo e 1,6 quilómetros de carreira a pé. A partir das 12:45 horas do domingo as carreiras que pecharán o evento serán as correspondentes ao Campionato de España de Tríatlon por Substitucións de 3 triatletas que terán que percorrer as mesmas distancias de 0,3 + 6,6 + 1,6 quilómetros cada un deles. @s de Carballo e Oleiros acudimos á esta última cita da Liga Talento co firme propósito de manternos entre os 10 mellores equipos de España dos 25 que están a militar na máxima categoría nacional.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.