6 dos nosos acoden ao Nacional de Dúatlon CRE e Remuda Talento


 14 Abril, 2023   Tríatlon 

6 dos nosos acoden ao Nacional de Dúatlon CRE e Remuda Talento

Adrián Sancho, Anxo Bello, Hugo Souto, Joel Barcia, Michel Núñez e Oscar Alberte están xa en Avilés onde esta fin de semana competirán no Campionato de España de Dúatlon CRE e a Remuda Talento, probas puntuables para a Liga Talento de Tríatlon na que militamos na 1ª División Nacional Masculina. Na matinal do sábado os nosos tomarán parte na Contrarreloxo por Equipos con saída desde a praza do Concello de Avilés para completar un percorrido de 2,5 quilómetros de carreira a pé, 5 quilómetros de ciclismo e outros 1,25 quilómetros de carreira a pé. A partir das 12:45 horas do domingo as carreiras que pecharán o evento serán as correspondentes ao Campionato de España de Dúatlon por Substitucións de 3 duatletas que terán que percorrer as mesmas distancias de 2,5 + 5 + 1,25 quilómetros cada un. @s de Carballo e Oleiros acudimos á cita co propósito de remontar a 20ª praza acadada en Alcobendas hai 15 días logo da nosa participación na substitución mixta de dúatlon, 1ª proba puntuable da Liga Talento.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.