5 medallas para @s nos@s triatletas na pasada fin de semana


 07 Xullo, 2022   Tríatlon 

5 medallas para @s nos@s triatletas na pasada fin de semana

A pasada fin de semana, Pedro López e Alba Otero na categoría júnior e Alberto Tomé na sub23, acadaban en Lugo as medallas de bronce nas súas respectivas categorías do XXXIII Tríatlon do Miño; proba puntuable para o Circuíto Galego de Tríatlon Sprint e clasificatoria para o Campionato Galego desta modalidade. Na categoría absoluta Pedro rematou na 6ª praza, Alberto na 14ª e Alba na 18ª. 

Mentres, en Ferrol celebrábase o Campionato Galego de Tríatlon de Menores; proba na que tomamos parte con 28 d@s nos@s deportistas de base. Desta volta @s resultados máis destacad@s eran para Martina Santomé, que se facía co subcampionato benxamín feminino, Hugo Souto que acadaba o bronce na proba cadete masculina, Irea Alén 4ª clasificada cadete, Nuno Barcia 6º benxamín, Joel Barcia 6º cadete, Oscar Alberte 8º cadete, Manuel Souto 9º cadete e Manuel Castro 11º infantil. Na clasificación conxunta os da AD.Fogar rematamos nunha meritoria 4ª praza dos 23 equipos participantes.

Resultados que podedes atopar en descargas tríatlon de esta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.