32 d@s nos@s compiten esta fin de semana en Santiago e Melilla


 16 Marzo, 2023   Tríatlon 

32 d@s nos@s compiten esta fin de semana en Santiago e Melilla

Esta fin de semana preséntase intensa para @s triatletas e os técnicos da AD.Fogar de Carballo e Oleiros. O sábado día 18 de marzo, a localidade de Santiago acollerá a segunda proba clasificatoria para a provincia de A Coruña do Dúatlon Escolar Xogade. Proba que contará coa presenza e participación de 22 d@s nos@s triatletas de base; d@s que 1 pertence á categoría prebenxamín, 6 á categoría benxamín, 4 á alevín, 7 á infantil e 4 á cadete. O mesmo sábado e tamén en Santiago, outr@s 8 triatletas representarannos no XX Dúatlon Cidade de Santiago nas probas dos Circuítos Galegos de Estrada e Super Sprint; nas que concursaremos con 2 cadetes, 3 xuvenís, 2 júniors e 1 sub23. E xa para rematar o domingo día 19 de marzo pero na cidade autónoma de Melilla, Andrés Prieto na categoría elite e Hugo Souto na júnior, representarán a España na Copa de Europa de Tríatlon. Nas seguintes ligazóns federativas tedes a vosa disposición os pormenores destes eventos.
SANTIAGO https://fegatri.org/calendario/
MELILLA https://www.triathlon.org/events/event/2023_europe_triathlon_cup_melilla
https://www.triathlon.org/events/event/2023_europe_triathlon_junior_cup_melilla

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.