13 d@s nos@s compiten mañá no Galego de Dúatlon de Menores


 05 Abril, 2024   Tríatlon 

13 d@s nos@s compiten mañá no Galego de Dúatlon de Menores

Mañá sábado día 6 de abril de 2024, a localidade de Cedeira acollerá o Campionato Galego de Dúatlon de Menores para as categorías benxamín, alevín e infantil. Representando á A.D. Fogar de Carballo e Oleiros concursarán 13 d@s nos@s triatletas, dous da categoría benxamín, cinco da alevín e seis da infantil; ademáis na proba de promoción cadete participarán outr@s dous d@s nos@s triatletas. O evento que organizan o Club e o Concello de Cedeira conxuntamente coa Federación Galega de Tríatlon, dará comezo as 15 horas coa primeira das saídas da tarde e ramatará sobre as 19 horas coa entrega de premios da carreira. Toda a información sobre este Campionato Galego de Dúatlon de Menores podédela atopar na ligazón federativa do evento, https://fegatri.org/evento/duatlon-de-menores-concello-de-cedeira-campionato-xunta-de-galicia-de-duatlon-de-menores-e-relevos-mixtos-inclusivo/.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.