@s nos@s nadadores máis nov@s non paran de medrar


 23 Xaneiro, 2024   Natación 

@s nos@s nadadores máis nov@s non paran de medrar

O pasado 13 de xaneiro con motivo da disputa da terceira xornada da Liga Galega de Natación Alevín, Alba Lamas melloraba os anteriores rexistros do clube dos 13 anos nas probas de 50 e 100 metros costas mentres que Noa Ferreiro facía o propio nos 100 metros libres. Ademáis Alba Lamas na posta de costas, Carla Giance na de braza, Lucía Fernández na de bolboreta e Noa Ferreiro na de crol, batían tamén a mellor marca alevín do club na substitución feminina dos 4 x 100 estilos. A pasada fin de semana no Campionato de España por Federacións Territoriais o infantil Anxo Fuentefría melloraba tamén os rexistros de 15 anos da AD.Fogar nos 50, os 100 e os 200 metros braza, proba esta última na que foi 5º de España formando parte do combinado galego que rematou 8º da clasificación infantil e 7º da clasificación conxunta. Ademáis Alba Lamas, Lucía Fernández, Noa Ferreiro e Diego Souto veñen de ser convocados pola FEGAN para participar na 2ª xornada de tecnificación GES para a categoría Alevín a celebrar en Pontevedra o vindeiro sábado día 27 de xaneiro. A convocatoria do GES e os resultados destas dúas últimas probas están a dispor no apartado de descargas natación desta mesma web.   

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.