@s nos@s despediron o ano en Lugo con 22 medallas e 22 récords


 02 Xaneiro, 2024   Natación 

@s nos@s despediron o ano en Lugo con 22 medallas e 22 récords

Os pasados 28, 29 e 30 de decembro, 21 d@s nadadores-as da AD.Fogar tomaron parte en Lugo no Campionato Galego Júnior e Absoluto de Inverno disputado na Piscina Minicipal da Frigsa; onde @s nos@s callaron unha máis que destacada actuación fronte aos 27 equipos participantes. No referente ás clasificacións por equipos, na categoría júnior fomos 4ª femininas, 5º masculinos e 5ªº conxunt@s; mentres que na categoría absoluta rematamos 4º masculinos, 11ª femininas e 8ºª conxunt@s. @s nos@s nadadores-as acadaron ademais 22 medallas, 4 delas de ouro, outras 8 de prata e 10 de bronce e bateron 21 das mellores marcas do club e 1 marca galega. Desta volta as medallas individuais foron, 6 para Carla Jiménez (pratas júnior nos 50 e os 100 braza, prata absoluta nos 50 braza, bronce júnior nos 200 braza e bronces absolutos nos 100 e 200 braza); 4 para Paulo Rivas (ouros dos 15 anos nos 100 e os 200 bolboreta e pratas dos 15 anos nos 50 libres e bolboreta); 3 para Manuel Souto (ouro júnior nos 100 libres, prata júnior nos 400 libres e bronce júnior nos 200 libres); 2 para Carla Mourelle (ouro dos 15 anos nos 50 libres e prata dos 15 anos nos 200 libres); 1 para Carlos Abeleira (bronce absoluto nos 50 costas); 1 para María López (bronce júnior nos 100 estilos) e outra para Jorge Souto (bronce júnior nos 200 estilos). En canto ás substitucións por equipos as medallas foron 4, prata absoluta no 4x100 estilos masculino; bronces absolutos nos 4x50 libres e máis estilos masculinos e bronce júnior nos 4x200 libres masculino. No que ás mellores marcas se refire, Anxo Fuentefría (6) bateu a mellor marca galega de 14 anos nos 200 braza e os mellores rexistros do club desta mesma idade nos 50, 100 e 200 braza, os 200 libres e os 400 estilos, Carla Jiménez (4) bateu os récords absolutos e de 17 anos do club nos 50 e os 100 braza, Paulo Rivas (3) bateu as mellores marcas do club dos 15 anos nos 50 libres e os 100 e 200 bolboreta, Carla Mourelle (1) bateu o de 15 anos do club nos 50 libres e Manuel Souto e Jorge Souto os de 16 anos do club nos 100 libres e os 50 costas respectivamente. Ademais as substitucións absolutas masculinas dos 4x50 libres e os 4x100 estilos, as júniors masculinas dos 4x100 e 200 libres e as júniors femininas dos 4x100 libres e estilos melloraron tamén os anteriores rexistros do club.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.