Rudy Palamedi subcampión de España Máster de Augas Abertas


 20 Xuño, 2019   Natación 

Rudy Palamedi subcampión de España Máster de Augas Abertas

Co mes de xuño comezaron as competicións de natación en augas abertas e con elas os bos resultados para os especialistas de Carballo e Oleiros. A pasada fin de semana no Lago de Bañolas e con motivo da disputa do Campionato de España de Augas Abertas; Rudy Palamedi proclamábase subcampión de España Máster na categoría de 60 a 64 anos tras nadar os 3 quilómetros en 46 minutos e 21 segundos. Na categoría Infantil Miguel Abelenda clasificaba nun meritorio 13º posto nacional tras completar os 5 quilómetros en 1 hora 2 minutos e 15 segundos. Outra das nosas nadadoras destacadas en Augas Abertas é Cora Vinagre que está a liderar o Circuito Galego na categoría Máster-1 https://www.fegan.org/mp/default/post/2339 grazas ao segundo posto acadado en Ortigueira o 2 de xuño e a vitoria da pasada fin de semana no encoro lucense de Os Peares. Resultados que podedes consultar no apartado descargas natación e descargas máster desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso