Os nadadores da AD.Fogar despiden o ano a moi bo nivel


 01 Xaneiro, 2019   Natación 

Os nadadores da AD.Fogar despiden o ano a moi bo nivel

Os pasados 28, 29 e 30 de decembro de 2018 once nadadores da AD. Fogar de Carballo e Oleiros tomaban parte no Campionato Galego Absoluto de Natación Open de Inverno que en sesións de mañá (eliminatorias) e tarde (finais) disputábase na Piscina Municipal de Santa Isabel, en Santiago de Compostela. Alí os nosos despedían o ano cunha moi boa actuación tras clasificarse para nadar nove finais, unha delas A na loita polas medallas, e outras oito B para dilucidar os postos do 9º ao 16º. Para nadar a final A clasificábase Manuel Verdes na proba dos 100 braza na que acadou o 4º posto. Para as finais B clasificábanse, Manuel Verdes nos 100 e 200 costas e nos 200 estilos (11º, 14º e 16º clasificado respectivamente), Pablo Balsa nos 50 costas (12º clasificado), Pablo Negreira nos 50 bolboreta (13º clasificado), Alejandro Méndez nos 200 bolboreta (14º clasificado) e Nana Suárez nos 200 e 400 estilos (15ª e 16ª clasificada). Por equipos fomos finalmente 11ª da clasificación masculina e 16º da conxunta, entre os 30 equipos participantes no torneo. Os nosos nadadores acadaban tamén 17 mellores marcas persoais e 4 mellores marcas do club, as de Miguel Abelenda na categoría de 14 anos nos 800 e 1500 libres, a de Alejandro Méndez de 16 anos nos 200 bolboreta e a de Nana Suárez de 13 anos nos 200 estilos. Na proba dos 1500 libres Miguel Abelenda sumaba ademáis a súa primeira mínima de participación para o Campionato de España Infantil de Inverno. Os resultados dos nadadores de Carballo e Oleiros poden consultarse no apartado de descargas natación desta mesma web; ademais na ligazón federativa https://www.fegan.org/post/1748 podedes atopar os detalles pormenorizados do campionato.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso