Narón sede da 2ª Preliminar da Liga Galega de Clubs de 2ª División


 21 Xaneiro, 2022   Natación 

Narón sede da 2ª Preliminar da Liga Galega de Clubs de 2ª División

Mañán sábado día 22 de xaneiro de 2022, desde ás 15:30 horas; a Piscina Municipal da Gándara en narón, será a sede que acolla a segunda das tres Xornadas Preliminares da Liga Galega de Clubs na súa Segunda División. @s nos@s nadadores-as están a ocupar a primeira praza desta Fase Preliminar por diante do CN. Arteixo, o CN. Rías Baixas de Vigo, o CN. Mos a AD. Naútico de Narón e o Universitario de Santiago. Nesta segunda rolda concursaremos con 19 d@s nos@s nadadores-as, nove da categoría feminina e outros 10 da masculina; entre os que se repartirán as probas individuais dos 50, 100, 200 e 1500 metros libres, os 50 braza, os 100 costas e estilos e os 200 bolboreta, ademais das substitucións por equipos dos 4x100 e 4x200 metros libres. O noso obxectivo nesta Fase Preliminar é o de manternos entre os 3 primeiros clasificados que serán os que finalmente loiten polo título e o ascenso á primeira división. No apartado descargas natación desta mesma web podedes atopar a nosa convocatoria e a lista de saídas da xornada naronesa.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.