As nosas júniors proclamáronse subcampioas galegas por equipos


 13 Xullo, 2023   Natación 

As nosas júniors proclamáronse subcampioas galegas por equipos

Os pasados 7, 8 e 9 de xullo, quince nadadores-as da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaban parte no Campionato Galego Júnior e Absoluto de Verán na Piscina Minicipal Rosario Dueñas en Ourense; localidade onde @s nos@s callaban unha máis que destacada actuación. No referente ás clasificacións por equipos, na categoría júnior fomos subcampioas galegas femininas, 11º masculinos e 4ºª conxunt@s; mentres que na categoría absoluta rematamos 10ºª conxunt@s, 7º masculinos e 12ª femininas. As nosas júniors acadaban ademáis catro medallas, unha delas de ouro, outras dúas de prata e outra de bronce que foron para Carla Jiménez, co ouro nos 100 braza e as pratas nos 50 e os 200 braza e máis o bronce da substitución dos 4x100 estilos que formaron Clara Rey, Carla Jiménez, Xiana Pedreira e Lola Botana. Na categoría absoluta as medallas acadadas foron sete, o ouro de Carla Jiménez nos 100 braza, as cinco pratas de Carla Jiménez nos 50 e os 200 braza e Simón Rey nos 50 costas e os 50 e os 100 bolboreta e o bronce de Carlos Abeleira nos 50 costas. Outros resultados destacados foron os oito 4º postos de Clara Rey nos 400 estilos e os 800 libres, Lucía Romanelli nos 200 bolboreta, Xabi Guitián nos 100 bolboreta, Carlos Abeleira nos 100 costas, as substitucións dos 4x100 e 4x200 libres femininos e os 4x50 estilos masculinos. Os resultados d@s nadadoras e nadadores de Carballo e Oleiros poden consultarse no apartado de descargas natación desta mesma web.
E a cita desta fin de semana será na M86 de Madrid con motivo do Campionato de España Alevín de Verán no que tomará parte Anxo Fuentefría que nadará as probas dos 1500 metros libres, os 100 e 200 metros braza e os 400 metros estilos.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.