A 6ª xornada da Liga Benxamín nádase mañá en Carballo


 03 Maio, 2019   Natación 

A 6ª xornada da Liga Benxamín nádase mañá en Carballo

Mañá sábado día 4 de maio de 2019 a Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo, acollerá en horario de tarde a última xornada da Liga Galega Benxamín na que tomarán parte además do Fogar o CN.Coruña, o C. do Mar, o Casino, o CN.Arteixo, o CN.Liceo, o CN.Culleredo, o Hércules e o Oleiros con 160 nadores en liza (98 nenos e 62 nenas). Despois da quinta rolda, os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros melloramos unha praza ascendendo ata o 12º posto conxunto dos 31 equipos que están a puntuar. Á cita carballesa presentaremos un equipo formado por un total de 24 nadadores e nadadoras de idades comprendidas entre os 9 e os 11 anos; das que 9 pertencen á categoría feminina e os 15 restantes á masculina. Nesta quinta rolda ligueira nadaránse as probas individuais dos 200 e os 400 metros libres, os 50 bolboreta e os 100 estilos, ademais das substitucións por equipos dos 4x100 metros libres mixtos. Achegamos como arquivos adxuntos a esta mesma nova tanto a convocatoria de probas d@s nos@s nadadores e nadadoras, como a listaxe de saídas da propia sesión.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso