288 nadadores-as de 28 equipos lembrarán a Pedro Luis Fernández


 15 Decembro, 2023   Natación 

288 nadadores-as de 28 equipos lembrarán a Pedro Luis Fernández

Representantes do Concello de Carballo, a Federación Galega de Natación e a AD.Fogar presentaron onte o I Memorial Pedro Luis Fernández Pombo, que se disputará esta fin de semana na piscina municipal Carballo Calero en xornadas de sábado mañá e tarde para as categorías infantil, júnior e absoluta e domingo á mañá para a máster. Pedro Luis Fernández Pombo foi directivo fundador, socio honorífico, deportista, árbitro e colaborador da nosa entidade e mantivo sempre unha enorme implicación co deporte da natación. Para o desenvolvemento deste o seu primeiro memorial contamos co apoio do Concello de Carballo, a Xunta de Galicia, a Deputación de A Coruña, a Federación Galega de Natación e tamén coa colaboración de Bercom, Cafés Lúa, Electricidad Rafael, Floristería Taibo, Hotel do Can, Marfran, Puentega, Savelo, Sector Vending e Vitaldent e a participación de 288 nadadores e nadadoras en representación de 28 equipos, 3 deles de fora da nosa comunidade autónoma. Vai por ti Pedro !!

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.