1 Prata e 1 mellor marca do club no Galego de Longa Distancia


 19 Novembro, 2023   Natación 

1 Prata e 1 mellor marca do club no Galego de Longa Distancia

No día de onte @s nadores-as Anxo Fuentefría (2009), Carmela Ínsua (2009), Manuel Souto (2007) e Pablo Gil-Rivera (2006), desprazábanse ata Pontevedra para representarnos na XV Edición do Campionato Galego de Longa Distancia en piscina curta que coincidía tamén coa fase territorial de carácter clasificatorio para o XXII Campionato de España da modalidade. No desenvolvemento da proba @s nos@s callaron unha moi boa actuación; pola mañá Anxo Fuentefría acadaba a medalla de prata masculina na categoría infantil nos 2.000 metros libres. Na mesma categoría e tamén pola mañá, Carmela Ínsua remataba na 10ª praza. Xa pola tarde na distancia dos 3.000 metros libres, Manuel Souto facíase coa 5ª praza na categoría júnior 1 e batía a mellor marca do club dos 16 anos, mentres que Pablo Gil-Rivera era 4º na categoría júnior 2. Na clasificación final por equipos fomos 4º masculinos, 11ª femininas e 8º conxunt@s dun total de 13 clubs. Podedes consultar os resultados d@s nos@s no apartado de descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.