O Galego de Fondo saldouse con 3 pratas e 4 mellores marcas do club


 09 Marzo, 2020   Máster 

O Galego de Fondo saldouse con 3 pratas e 4 mellores marcas do club

Onte domingo día 8 de marzo de 2020 a Piscina Municipal de Santa Isabel en Santiago acollía en sesións de mañán e tarde, o Campionato Galego de Fondo e "XI Memorial Gerardo Steudel" en categoría Máster; proba que contaba coa presenza de 24 equipos e o concurso de 169 nadadores e nadadoras. A participación dos Mestres de Carballo e Oleiros saldabase con 3 medallas e 4 mellores marcas do club. Julio Martínez na proba dos 1500m libres sumaba a medalla de prata e a mellor marca do club na categoría +50 anos. Juan Méndez sumaba a medalla de prata dos 1500m libres e as mellores marcas do club nos 400, 800 e 1500 metros libres na categoría +65 anos. Alberto Tomé alzábase coa 3ª medalla de prata para os do Fogar nos 800m libres da categoría +50 anos. Por equipos fomos 10º clasificados na categoría masculina e 13º conxuntos. Os resultados dos nosos Mestres neste Campionato Galego de Fondo poden consultarse no apartado de descargas máster desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.