Ferrol acolle o domingo a 2ª Xornada da Liga Galega Máster


 17 Decembro, 2020   Máster 

Ferrol acolle o domingo a 2ª Xornada da Liga Galega Máster

O vindeiro domingo día 20 de decembro de 2020 a Piscina Municipal Javier Gómez Noya do barrio ferrolán de Caranza acollerá a 2ª xornada da Liga Galega Máster en dobre sesión de 9 a 11 horas para os equipos do ADN.Narón, CN.Marina, CN.Ferrol, CN.Liceo e SD.Hípica e de 11:00 a 13:00 horas para o AD.Fogar, C. do Mar, CDN.Cidade Santiago, CN.Arteixo, Hércules e USC. Logo da primeira xornada desputada en Carballo @s nos@s veteranos marchan 2º na clasificación masculina, 5ª na feminina e 3º na conxunta. Tamén en Carballo Isabel Pereira (cat +60 anos) batía a mellor marca galega e do clube nos 50 braza e a mellor marca do clube nos 100 estilos. Por outra banda Juan Méndez (cat +65 anos) e Manuel Viaño (cat +25 anos) batían os mellores rexistros do clube nos 100 estilos. Para esta segunda ronda aliñaremos un equipo composto por 13 nadadoras-es, das cales 5 pertencen á categoría feminina e os 8 restantes á masculina, nadarán no segundo turno da mañán as probas dos 50 metros costas e bolboreta, os 200 metros libres e os 100 metros braza. A inscrición dos nosos e a lista de saídas para o domingo xa están dispoñibles no apartado descargas máster desta mesma web, onde podedes atopar tamén a normativa desta Liga Galega de Natación Máster para a presente tempada.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.