Elisa Pichel nova Campioa de España Máster nos 3.000m Libres


 08 Febreiro, 2020   Máster 

Elisa Pichel nova Campioa de España Máster nos 3.000m Libres

Elisa Pichel Garcia de Seárez (1984) representounos onte no III Campionato de España Open Máster de Fondo que se está a disputar esta fin de semana na Piscina Parque del Oeste en Oviedo. O torneo nacional conta coa presenza de 72 clubs representados por 362 nadadoras-es, d@s que 216 son homes e 146 mulleres; e un programa de probas que inclúe os 800, os 1.500 e os 3.000 metros libres. Elisa nadou onte pola tarde os 3.000 metros libres, proba na que posúe o record nacional da categoría dos 30 aos 34 anos, e na sumaba ao seu palmarés outro título de Campioa de España Máster, desta volta na categoría de 35 a 39 anos; e o facía con autoridade avantaxando á segunda clasificada en casi catro minutos. A nadadora do Fogar batía tamén as mellores marcas galegas da súa categoría nas distancias dos 800, 1500 e os 3000 metros libres. Toda a información referente a este Campionato Nacional de Fondo Máster pódese consultar na web da Real Federación Española de Natación na ligazón https://rfen.es/es/section/web-cto-espana-master-de-fondo-2020; ademais no apartado descargas máster desta mesma web podedes consultar  os resultados da proba.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.