Elisa Pichel acode ao Nacional Máster de Fondo de Oviedo


 05 Febreiro, 2020   Máster 

Elisa Pichel acode ao Nacional Máster de Fondo de Oviedo

Elisa Pichel Garcia de Seárez (1984) unha das nosas Mestras máis laureadas a nivel nacional, desprázase esta fin de semana ata a localidade asturiana de Oviedo para representar a AD.Fogar de Carballo e Oleiros no III Campionato de España Open Máster de Fondo que se disputa do 7 ao 9 de febreiro na Piscina Parque del Oeste. O torneo nacional contará coa presenza de 72 clubs que estarán representados por 362 nadadoras-es, d@s que 216 son homes e 146 mulleres; e un programa que inclúe 3 probas, os 800, os 1.500 e os 3.000 metros libres. A participación está reservada a nadadoras e nadadores que teñan acreditadas ás marcas mínimas establecidas. Elisa que nadará os 3.000 metros libres o venres día 7 de febreiro, acredita a mellor marca nacional do seu grupo de idade o de 35 a 39 anos, e por tanto será a rival a batir na loita polo títalo de Campioa de España. Toda a información referente a este Campionato Nacional de Fondo Máster pódese consultar na web da Real Federación Española de Natación na ligazón https://rfen.es/es/section/web-cto-espana-master-de-fondo-2020

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.