Dous dos nosos mestres nadan en Santiago o Galego de Fondo


 10 Marzo, 2023   Máster 

Dous dos nosos mestres nadan en Santiago o Galego de Fondo

O vindeiro domingo día 12 de marzo de 2023 a Piscina Municipal do Complexo Deportivo de Santa Isabel en Santiago de Compostela, acollerá o Campionato Galego Máster de Fondo e XIII Memorial Gerardo Steudel; no que tomarán parte 22 equipos representados por 136 mestres e mestras, 83 homes e 53 mulleres. A pileta estará dispoñible para @s nadadores-as dende as 9:00 horas coa quenda de quecemento que se estenderá ata as 10:00, momento no que comezará a sesión matinal coas series dos 1500 metros libres masculinos e os 800 metros libres femininos. Pola tarde a partir das 16:00 horas e logo da quenda de quecemento dunha hora, disputaráse a sesión vespertina coas series dos 1500 metros libres femininos e os 800 metros libres masculinos. Os da AD. Fogar de Carballo e Oleiros tomaremos parte con 2 nadadores, César Pose que nadará os 1500 na sesión matinal e Alberto Tomé que fará o propio nos 800 pola tarde. Toda a información relativa a este Campionato Galego de Fondo e XIII Memorial Gerardo Steudel podedes consultala na seguinte ligazón https://www.fegan.org/mp/default/post/3372

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.