Catro medallas para @s nos@s no Galego Máster de Inverno


 24 Xaneiro, 2024   Máster 

Catro medallas para @s nos@s no Galego Máster de Inverno

A pasada fin de semana, Alberto Cotelo, Alberto Tomé, Andrea Eirís, César Pose, Fernando Trillo, Isabel Pereira e María Barca, representaron á AD.Fogar na Municipal Álvaro Pino de Ponteareas nunha nova edición do Campionato Galego de Natación Máster de Inverno. O torneo autonómico contou coa participación de 28 clubs e 377 nadadores-as, 218 homes e 159 mulleres. Pola nosa parte Alberto Tomé facíase coas medallas de prata da categoría de +55 anos nas probas dos 100 metros estilos e os 200 metros costas, mentres que Isabel Pereira gañaba a prata nos 200 metros costas e o bronce nos 50 metros libres na categoría de +60 anos. Por equipos fomos 20ª na categoría feminina, tamén 20º na masculina e 22º conxunt@s. Os resultados da AD.Fogar neste Campionato Galego de Natación Máster de Inverno poden consultarse no apartado descargas máster desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.