A Liga Máster arrinca o domingo en Carballo en dobre sesión


 06 Novembro, 2020   Máster 

A Liga Máster arrinca o domingo en Carballo en dobre sesión

O vindeiro domingo día 8 de novembro de 2020 a Piscina Municipal Carballo Calero acollerá en Carballo a 1ª xornada da Liga Galega Máster en dobre sesión de 9 a 11 horas con 28 nadadores-as en liza, e de 11:15 a 13:15 horas con outros 30. A competición levaráse a cabo sen a presenza de público, respectando o aforo máximo permitido de 60 persoas por turno entre nadadores, técnicos e xuices e por suposto baixo estrictas medidas de seguridade como a hixiene de mans, o control de temperatura, o mantemento da distancia de seguridade, o establecemento dun sentido único de circulación, ou o uso obligatorio da máscara agás no momento de nado... Ademáis dos 2 turnos diferenciados de quecemento e competición tampouco se nadarán as tradicionáis probas de substitucións por equipos co obxectivo de evitar a aglomeración de nadadores-as que entrarán e sairán da instalación de xeito graduado. Para esta primeira xornada aliñaremos un equipo composto por 15 nadadoras-es, das cales 3 pertencen á categoría feminina e os 12 restantes á masculina, que medirán as súas forzas en primeiro turno cos 3 nadadores do CN.Arteixo e os 10 do CN.Santiago. O programa de probas da xornada inclúe os 200 metros costas, os 50 metros braza e libres, os 100 metros estilos e os 200 metros bolboreta. A inscrición dos nosos, a lista de saídas e o protocolo anticovid para o domingo xa están dispoñibles no apartado descargas máster desta mesma web, onde podedes atopar tamén a normativa desta Liga Galega de Natación Máster para a presente tempada.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.