A 1ª xornada da Liga Máster nádase mañá á mañá en Carballo


 04 Novembro, 2023   Máster 

A 1ª xornada da Liga Máster nádase mañá á mañá en Carballo

Mañá domingo día 5 de novembro de 2023 a Piscina Municipal Carballo Calero acollerá en Carballo a 1ª xornada da Liga Galega Máster no seu grupo da zona norte. A competición contará coa presenza de 13 clubs e 124 nadadore-as, dos que 79 serán homes e as 45 restantes mulleres. A xornada desenvolverase nun turno de quecemento dende as 9:00 a 9:50 horas e outro turno de competición entre as 10:00 e as 13:00 horas, espazo de tempo no que se nadarán as probas dos 400 metros libres mixt@s, os 50 metros bolboreta, costas e braza masculinos e femininas e para finalizar as remudas mixtas dos 4x50 metros libres. Para esta primeira xornada @s de Carballo aliñaremos un equipo composto por 15 nadadoras-es, das cales 3 pertencen á categoría feminina e os 12 restantes á masculina; e mediremos forzas c@s 14 representantes do CN.Coruña, @s 4 da RSD.Hípica, @s 10 do SC.Casino, @s 7 do CN.Arteixo, @s 23 do CNC.Santiago, @s 6 do CN.Culleredo, @s 15 do C.Hércules, @s 3 do CT.Coruña, @s 12 do CN.Ferrol, @s 5 da ADN.Narón, @s 9 do CN.Marina e máis 1 do CN.Liceo. A inscrición d@s nos@s e a lista de saídas xa están dispoñibles no apartado descargas máster desta mesma web. Compre subliñar tamén que a pasada tempada @s do Fogar fomos 10º dos 29 equipos que tomamos parte nesta liga galega de veteran@s.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.