7 Mestres da AD.Fogar acoden ao Galego de Natación Open de Verán


 06 Xuño, 2019   Máster 

7 Mestres da AD.Fogar acoden ao Galego de Natación Open de Verán

O sábado 8 en sesión de tarde e o domingo 9 en dobre sesión de mañá e tarde, a Piscina Municipal Rosario Dueñas de Ourense acolle unha nova edición do Campionato Galego de Natación Máster Open de Verán que achegará ata a localidade ourensá a un total de 26 equipos e a cifra nada despreciable de 347 nadadores e nadadoras, 201 homes e 146 mulleres. A competición desenvolverase baixo a organización da Federación Galega de Natación e o CN.Pabellón Ourense. Nesta ocasión os da AD. Fogar de Carballo e Oleiros estaremos representados por un total de 7 nadadores e nadadoras (3 homes e 4 mulleres) que disputarán un total de 17 probas a título individual e unha substitución por equipos. As escuadras máis numerosas e por tanto os máximos favoritos na disputa dos títulos nas categorías masculina, feminina e conxunta son o CN.Rías Baixas, os anfitrións do CN.Pabellón Ourense, o CN.Portamiñá, o CN.Ponteareas e o CN.Travesas. Toda a información relativa a este Campionato Galego Máster de Verán pode consultarse na web da Federación Galega de Natación na ligazón https://www.fegan.org/mp/default/post/963 e tamén no arquivo adxunto a esta mesma nova.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso