Oscar Alberte no Encontro Nacional de Menores de Tríatlon


Oscar Alberte no Encontro Nacional de Menores de Tríatlon

Oscar Alberte Teijeiro (Oleiros 2008) está a tomar parte dende hoxe día 12 e ata o próximo 15 de agosto nunha das actividades de promoción e tecnificación da Federación Española de Tríatlon, o Encontro Nacional de Menores que organizan a FETRI e a Fundación Deporte Novo do Consello Superior de Deportes para @s moz@s nad@s en 2008 e 2009 que pertencen á categoría infantil. O evento terá lugar na Estanca de Alcañiz, en Aragón, un escenario e contorna perfectos para a práctica do tríatlon. O obxectivo das actividades programadas pasa por aprender, compartir e intercambiar experiencias con outros triatletas do territorio nacional. O Encontro desenvolverase nas instalacións do Sport Center A Estanca, a pé do encoro, onde se realizarán sesións de adestramento dos tres segmentos do noso deporte, transicións, talleres e mesmo un mini tríatlon. Todas as actividades serán levadas a cabo polos técnicos designados pola FETRI. Tamén se realizará un roteiro cultural para coñecer Alcañiz e as súas pinturas rupestres, algunhas consideradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Nun ano diferente polas circunstancias derivadas das circunstancias sanitarias a FETRI e a Fundación Deporte Novo recuperan o pulso dunha actividade fundamental no desenvolvemento deste deporte con todas as garantías de seguridade.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.