O Fogar cancela as cotas de socios fronte ao COVID-19 (coronavirus)


O Fogar cancela as cotas de socios fronte ao COVID-19 (coronavirus)

Facémosvos saber que na reunión de Xunta Directiva celebrada onte por videoconferencia, acordáronse as seguintes medidas con respecto ás cotas de soci@ coa idea de NON DEIXAR A NINGUÉN ATRÁS nesta crise do COVID-19 e por tanto en beneficio de tod@s @s que formamos parte da entidade: soci@s, deportistas e traballadores- as.
1.- CANCELAR AS COTAS ORDINARIAS @s SOCI@S DA ENTIDADE desde este mes de abril e mentres dure o período de inactividade presencial que contamos se estenda tamén ao próximo mes de maio.
2.- ESTABLECER UNHA COTA SOCIAL COOPERATIVA MÍNIMA E VOLUNTARIA DE 5,00€/SOCIO desde este mes de abril e mentres dure o período de inactividade presencial; que nos permita manter os ingresos mínimos necesarios para facer fronte, non só aos gastos regulares da entidade nos próximos 6 meses (seguros sociais, IRPF, IVE, imposto de sociedades, aprazamento de débedas, xestoría, seguros das furgonetas e RC do club), senon tamén dispoñer da liquidez necesaria para o reinicio da actividade que estimamos para o mes de xuño. DICIR QUE ESTA COTA VOLUNTARIA DE 5,00€ PASARASE A COBRANZA POR DEFECTO A TOD@S @S SOCI@S O VINDEIRO VENRES DÍA 10 DE ABRIL, POLO QUE ROGAMOS A QUEN NON POIDA PAGALA QUE NOLO COMUNIQUE ANTES DESE DÍA PARA NON EMITIR O SEU CARGO E AFORRARNOS ASÍ AS COMISIÓNS BANCARIAS POLA DEVOLUCIÓN DE RECIBOS.
3.- PASAR A COBRANZA NESTA REMESA DE ABRIL AS DEVOLUCIÓNS DE COTAS DO MES DE MARZO E OS CARGOS EXTRAORDINARIOS PENDENTES de material deportivo (sudaderas, camisetas e bañadores), altas de socios e baixas competitivas.
Desde a Xunta Directiva queremos agradecer a vosa comprensión, solidariedade, responsabilidade e compromiso necesarios para superar xuntos esta crise porque RENDERSE NON É A OPCIÓN e porque ao COVID-19 ESTAMOS A DERROTALO GRAZAS AO ESFORZO CONXUNTO DE TOD@S @S QUE CONFORMAMOS ESTE EQUIPO.
💪💪💪

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.