O 60.617 non faltou a súa cita cos premios da Lotería de Nadal


 25 Decembro, 2020   Escola de Natación, Tríatlon e Atletismo 

O 60.617 non faltou a súa cita cos premios da Lotería de Nadal

Como vén sendo habitual cada dous anos desde o 2014, o número 60.617 da AD.Fogar de Carballo e Oleiros volveu ser premiado no sorteo da Lotería Nacional de Nadal celebrado o pasado 22 de decembro de 2020; desta volta co reintegro. Este 60.617 resultou agraciado xa en catro ocasións nos últimos sete anos, coa terminación en 2014, 2018 e 2020 e cunha pedrea en 2016. Os da AD.Fogar adoitamos repartir 200 décimos en 1600 participacións de 2.50€ entre os nosos asociados e seguidores; participacións que como vén sendo habitual poden cobrarse xa na Administración de Lotería Alexandra de Carballo situada no baixo número oito da rúa Desiderio Varela.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.