Carballo acolleu hoxe á mañá o seu cuarto Nada e Corre


 16 Febreiro, 2020   Escola de Natación, Tríatlon e Atletismo 

Carballo acolleu hoxe á mañá o seu cuarto Nada e Corre

Na mañá de hoxe disputábase o IV Nada e Corre Concello de Carballo, primeiro dos clasificatorios para a nosa zona de esta modalidade do tríatlon. A proba contaba coa organización conxunta da propia Federación Galega de Tríatlon, a AD.Fogar, o Concello de Carballo e Carballo Deporte, e a colaboración de Gadis e Mundocio. Ata Carballo achegábanse 265 deportistas de 7 a 17 anos pertencentes a 15 clubs das localidades da Coruña, Arteixo, Cedeira, Ferrol, Lugo, Narón, Oleiros, Sada, Vilalba e Carballo. Os 51 triatletas das nosas escolas de tríatlon de base en Carballo e Oleiros callaron unha moi boa actuación copando 6 dos postos de podio da xornada; os conseguidos por Irene Santomé (ouro) e Lino Souto (bronce) na categoría benxamín, Oscar Alberte e Paulo Rivas (ouro e prata respectivamente) na categoría alevín, Manuel Souto (prata) na infantil e Andrés Prieto (prata) na cadete. Ademais deles acadaba tamén a súa clasificación directa para a final galega a cadete Elena Haz que remataba na 4ª praza. A entrega de medallas coa que se pechou a xornada contou coa presenza do Concelleiro de Deportes do Concello de Carballo Marcos Trigo que estivo acompañado por Amando Guerrero en representación da FEGATRI. Os resulados provisionais do evento podedes consultalos no aparatdo de descargas escola desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.