Clausura do 2º trimestre de actividades acuáticas de base


 10 Abril, 2019   Escola de Natación e Tríatlon 

Clausura do 2º trimestre de actividades acuáticas de base

Desde a AD. Fogar comprácenos comunicar que desde hoxe mércores día 10 de marzo de 2019 e ata o vindeiro venres día doce, 236 deportistas das nosas Escolas de Natación e Tríatlon en Carballo e idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos, clausurarán na Piscina Municipal da rúa Carballo Calero nos seus días e horarios habituais de práctica, o segundo trimestre de actividades acuáticas de base da presente campaña 2018 - 2019. E farano como vén sendo xa habitual en 3 xornadas festivas de Portas Abertas para deleite daqueles familiares e amigos que queiran gozar dunha sesión cotiá de práctica coas xóvenes promesas do club. Adiantámosvos tamén que durante o terceiro trimestre da tempada procederemos coa avaliación de nivel dos nadadores http://www.nadaresvida.es/los-premios-2/, tras a nosa recente adhesión ao programa "Nadar es Vida" da RFEN, certificado de calidade no ensino da natación en España http://www.nadaresvida.es/. Aproveitamos tamén a ocasión para lembrar que durante as vacacións escolares de Semán Santa manteremos a nosa actividade con total normalidade fóra dos días festivos, xoves 18 e venres 19 de abril nos que as instalacións municipais nantendrán as súas portas pechadas ao público ao ser festivo.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso