Bo o ensaio dos nosos cadetes desprazados a Vedra


 12 Marzo, 2019   Escola de Natación e Tríatlon 

Bo o ensaio dos nosos cadetes desprazados a Vedra

O sábado á tarde a localidade de Vedra acollía o Campionato Galego de Dúatlon na modalidade contrarreloxo por equipos, no que tomaban a saída máis de 100 equipos (Campionato Galego e Open) entre os que mobilizaban ao redor duns 585 deportistas. Pola nosa parte concursamos cun equipo masculino formado por 6 dos nosos cadetes de segundo ano (Borja Benavent, Álvaro Elizalde, Lucas Lorenzo, Samuel Nuñez, Andrés Prieto e Pablo Tran), co propósito de preparar o Campionato de España de Dúatlon nas modalidades de contrarreloxo e substitucións por equipos a disputar en Avilés os días 30 e 31 de marzo. E vaia se o fixeron, correron a 3:55 os primeiros 5.000 metros, rodaron a 30.6 qm/h os 20 quilómetros e volveron correr en 4:30 os últimos 2.500 metros, nunha distancia total de carreira moi superior a que afrontarán en Avilés (3.400m, 11 qm e 1.300m). Por equipos fomos 27º dos 32 equipos senior que tomaron a saída no Campionato Galego e só nos superaron 14 dos 56 equipos Open. Resultados que podedes consultar no apartado de descargas tríatlon desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso