1 ouro, 1 prata e 2 bronces no Ácuatlon de Menores de Lugo


 03 Xuño, 2019   Escola de Natación e Tríatlon 

1 ouro, 1 prata e 2 bronces no Ácuatlon de Menores de Lugo

O sábado día 1 de xuño de 2019 a cidade de Lugo acollía a 1ª edición do Ácuatlon do Club Fluvial no que nos representaban 22 triatletas das Escolas de Tríatlon de Base que desde a AD.Fogar estamos a promover en Carballo e Oleiros. E a verdade é que as cousas non podían fluir mellor para os nosos representantes que lograban facerse con 4 dos podios da xornada. Na categoría cadete, Andrés Prieto colgábase a medalla de ouro e David Sancho a de prata; na infantil Rubén Otero acadaba o bronce e na alevín colgábase tamén o bronce Manuel Souto. Cabe destacar tamén a 9ª praza de María Puga e o 4º e 8º posto de Hugo Souto e Oscar Alberte na categoría alevín ou o 6º lugar do infantil Sergio Soto. Os resultados dos nosos triatletas poden consultarse no apartado de descargas escola desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso