@s nos@s acadaron 4 medallas e 9 novos rexistros do club


 07 Febreiro, 2024   Atletismo 

@s nos@s acadaron 4 medallas e 9 novos rexistros do club

Sete d@s nos@s atletas tomaron parte esta fin de semana en tres das frontes competitivas do calendario rexional de atletismo. O sábado á tarde Ana Ézara de 14 anos e María Liu Brandón de 15, batían as mellores marcas do club nas súas respectivas idades na proba dos 600 m.l. do II Control de Marcas que o Club Atletismo Riazor organizou no anel herculino. O sábado á tarde no Campionato Galego Sub18 e Sub20 en pista ao aire libre de Cervo, Anxo Bello acadou a medalla de prata, a mínima nacional e a mellor marca do club dos 17 anos nos 5.000 m.l. Na mesma proba Iago Prada foi bronce dos 17 anos e Hugo Martínez prata dos 18 anos. O sábado e máis o domingo en Ourense, José Manuel Negreira gañou a prata sub 20 na proba de héptatlon do Campionato Galego de Probas Combinadas en pista curta mellorando os rexistros absolutos do club nos 60 m.v., os 1.000 m.l., e os concursos de lonxitude, pértega, peso e máis héptatlon. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas atletismo desta mesma web.  
Records Atletismo AD. Fogar

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.