A Coruña, Cervo e Ourense na axenda d@s nos@s atletas


 01 Febreiro, 2024   Atletismo 

A Coruña, Cervo e Ourense na axenda d@s nos@s atletas

Sete d@s nos@s atletas tomarán parte esta fin de semana en tres das frontes competitivas do calendario rexional de atletismo. Mañá pola tarde, Ana Ézara, María Liu e Líam Hernández tomarán parte nos 600 m.l. do II Control de Marcas que o Club Atletismo Riazor organiza no anel herculino. O sábado á tarde, na localidade lucense de Cervo, Anxo Bello, Iago Prada e Hugo Martínez correrán os 5.000 m.l. do Campionato Galego Sub18 e Sub20 en pista ao aire libre. O sábado e máis o domingo en Ourense, José Manuel Negreira será quen nos represente na proba de héptatlon do Campionato Galego de Probas Combinadas Sub20 en pista curta. 
Sinalar tamén que nas probas celebradas a a pasada fin de semana, Anxo Bello acadaba a mínima nacional sub18 nos 1.500 m.l. cun rexistro de 4'08''71 co que batía a mellor marca de 17 anos do club e acadaba a 4ª praza no Campionato Galego Absoluto de Pista Curta. Ademáis Iago Prada acadaba coa selección galega sub18 o subcampionato nacional por equipos de campo a través. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas atletismo desta mesma web.  

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.