Dez dos nosos triatletas competirán esta fin de semana en Banyoles na segunda das xornadas da Liga Nacional de Tríatlon na que os da AD.Fogar vimos tomando parte neste 2025 na segunda división masculina grazas en parte ao patrocinio Xunta-Abanca. Nesta xornada central de Banyoles dispútanse dúas probas, o Campionato de España de Tríatlon por Clubs e o nacional de Tríatlon Supersprint de Remudas por Parellas. Logo da primeira xornada celebrada en Roquetas no mes de maio os nosos marchan nunha meritoria 7ª praza dos 15 equipos participantes co obxectivo de manter este ano a categoría. O sábado 12 de xullo ás 10:45 horas os nosos tomarán a saída do Campionato de España de Triatlón por Clubs, un dos eventos de maior participación do ano; e o domingo 13 ás 9 horas disputarán as espectaculares remudas por parellas do Campionato de España de Tríatlon Supersprint.