O pasado sábado día 14 de xuño doce d@s nos@s nadadores e nadadoras da categoría benxamín despedían a tempada oficial de competicións na Piscina Municipal da Frigsa en Lugo. A pileta lucense acolleu en sesións de mañán e tarde a Final A da Copa Galega da categoría para os equipos clasificados nos postos 1º a 12º da fase regular da liga galega. @s de Carballo e Oleiros callamos un moi bo concurso rematando 7º conxunt@s por equipos, 6º masculinos e 10ª femininas. No eido individual as mellores actuacións foron as de Mikel Castro (10 anos), 1º nos 50 libres e 2º nos 100 libres, Iván Casal (11 anos), 2º nos 200 libres e 4º nos 200 estilos, Carlota Lavandeira (10 anos), 4ª nos 50 libres e 5ª nos 100 libres, Pablo Rodríguez (11 anos), 9º nos 100 costas, Alejandro Catalán (11 anos), 9º nos 100 braza e Alba Velo (10 anos), tamén 9ª nos 100 estilos. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas natación desta mesma web. En canto ao desenvolvemento da fase regular da liga galega e unha vez contabilizadas as 6 xornadas, o noso equipo benxamín rematou na 12ª praza feminina, a 10ª praza masculina e a 10ª praza conxunta dos 30 equipos participantes.