
O pasado sábado día 25 de outubro de 2025 a Piscina Municipal de Riazor en A Coruña, acolleu a primeira das tres xornadas preliminares da Liga Galega de Clubs na súa Primeira División. @s nos@s nadadores-as arrincaron esta fase preliminar da primeira división galega co obxectivo de asegurar a permanencia, desta volta cos equipos do CN. Arteixo, CN. Casino, CN. Coruña, CF. Lugo e CN. Rías Baixas. Nesta primeira rolda @s nos@s non rendiron ao nivel esperado rematando cuart@s con 261,5 puntos, por diante d@s de Coruña que sumaron 223 e d@s do Rías Baixas que acadaron 205. A victoria da xornada foi para o Fluvial de Lugo con con 357 puntos, seguido do Arteixo con 324,5 e o Casino con 266. No que ao nivel de marcas se refire, Alba Lamas bateu o record absoluto do club nos 200 costas e o dos 14 anos no 50 costas e Anxo Fuentefría o de 16 anos nos 50 e os 100 braza. A segunda xornada preliminar disputaráse en Lugo o 17 de xaneiro. No apartado descargas natación desta mesma web podedes atopar os resultados desta xornada inaugural.