No día de onte Martín López Franco (2001) tomou parte no CXII Campionato de España de Natación Absoluto de Verán P50 "Open Trials" que se está a celebrar estes días nas instalacións municipais de Son Hugo (Palma de Mallorca) con 121 equipos e 443 nadadoras e nadadores en liza. O representante da AD.Fogar nadou a proba dos 100 metros braza masculino acadando unha mellor marca persoal de 1:06.50 para rematar 34º clasificado nunha proba de altísimo nivel na que se bateu o rédord de España cun tempo de 1:00.31. Nesta ocasión Martín mellorou en 7 postos a clasificación respecto ao campionato de inverno.
Por outra banda o pasado 31 de maio 16 nadadores-as das categorías, alevín, infantil, júnior e sénior tomaron parte no Trofeo Marcos García Soto ferrolán onde se fixeron cun botín de 18 medallas, 6 de ouro, 4 de prata e 8 de bronce. Martín López fíxose coas medallas de ouro e foi o mellor nadador do torneo por puntos WAQ e Sara Ríos bateu os rexistros de 12 anos do club nos 50 e 100 braza acadando o bronce nas dúas probas. Por equipos fomos 4ª femininas, 8º masculinos e 6º conxuntos dos 16 equipos que participaron. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas natación desta mesma web.