Cinco d@s nos@s nadadores-as foron convocad@s pola FEGAN


 11 Febreiro, 2026   Natación 

Cinco d@s nos@s nadadores-as foron convocad@s pola FEGAN

As nadadoras infantís, Alba Lamas (2011) e Noa Ferreiro (2011) e máis o nadador júnior Anxo Fuentefría (2009), veñen de ser convocad@s pola Federación Galega de Natación para participar co combinado que representará a Galicia no XIV Campionato de España de Natación por Federacións Autonómicas Infantís e Júniors. Torneo que se disputa os días 13, 14 e 15 de febreiro na piscina pontevedresa do Complexo Deportivo Rías do Sur, onde tomarán parte 540 nadadores-as en representación de 18 comunidades autónomas. @s outr@s dous-dúas convocad@s son @s alevíns Sara Ríos (2013) e Xacobo Fraga (2013), que acoden coa FEGAN ao XII Campionato de España de Natación por Federacións Autononómicas en Idade Escolar do CSD. Desta volta @s nos@s viaxarán a Málaga para participar do 27 de febreiro ao 1 de marzo nas instalacións do Centro Inácua. No apartado de descargas natación desta mesma web podedes consultar a convocatoria das seleccións galegas para estes torneos nacionais. 
Máis información nas webs dos campionatos:
INFANTIL-JÚNIOR 
ALEVÍN

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar a análise da navegación dos usuarios e mellorar os nosos servizos. Ao pulsar Acepto consente ditas cookies. Pode obter máis información pulsando Máis información ou ben cambiar a configuración escollendo unha de estas opcións:

Pechar